Do 1 ao 5 de xuño estará aberto o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo

Do 1 ao 5 de xuño estará aberto o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo, destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2011 e 2018. O sorteo terá lugar o día 8.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou: “ofertamos neste 2026 escolas de surf con 18 prazas; piragüismo con 35 prazas para rapaces nados entre 2011 e 2017; e vela con 26 prazas”. E engadiu: “a escola de surf desenvolverase en xuño e xullo. Haberá dúas xornadas especiais náuticas os días 20 de xuño e 10 de xullo e o alumnado deberá levar o seu propio neopreno. A escola de piragüismo será en xullo e os horarios dependerán das mareas. E no caso da vela a escola desenvolverase en xuño e xullo”.

A cota das Escolas Deportivas de Verán do Concello de Ribadeo será de 40 euros. As inscricións realizaranse na Casa da Xuventude de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e martes e xoves tamén de 16:00 a 18:00 horas. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono 982.129.889 ou ao correo electrónico deportes@ribadeo.gal.

Desde a Concellería de Deportes e Mocidade lembran que “o pagamento da autoliquidación deberá facerse efectivo na conta do Concello en Caixa Rural do 8 ao 12 de xuño. O resgardo será entregado na Casa da Xuventude. A falta do mesmo implicará a baixa na/s escola/s”.