Entre os días 3 e o 27 de agosto poderase visitar a exposición “A península máxica” na Casa da Cultura de San Ciprián. A mostra comprende unha vintena de pezas da obra de Gloria Arranz Pardo. O horario de apertura de luns a venres será de 9 a 15 horas.
Desde o Concello de Cervo comentan que “a obra en si é unha homenaxe a San Ciprián xa que moitas das obras están protagonizadas por lugares emblemáticos da vila”.