As escolas deportivas municipais de Alfoz ofrecen fútbol, patinaxe, atletismo e pádel para o curso 2025-26

O Concello de Alfoz abriu o prazo de inscrición para o vindeiro curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 17 anos. As modalidades ofertadas son: fútbol, patinaxe, atletismo e pádel.

“Unha iniciativa para fomentar o deporte base e os hábitos saudables na nosa xuventude. Podes inscribirte do 18 ao 25 de agosto e tamén durante todo o curso escolar”, anuncia o Concello de Alfoz.