As Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Burela darán comezo o 1 de outubro. Este ano haberá como novidade rutas en bici.

As escolas deportivas municipais de inverno, organizadas pola Concellería de Deportes de Burela, comezarán o día 1 de outubro. Están destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2013. A novidade deste curso serán as rutas en bici. Ademais ofértase zumba, patinaxe artística, patinaxe lúdica, tenis de mesa e tenis. A inscrición estará aberta desde o 25 ao 28 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “vimos de presentar a nova tempada de actividades das escolas deportivas municipais de inverno. Este curso imos seguir a liña na que estábamos traballando no último ano, que deu moi bos resultados. Ademais metemos algunha cousa nova como poden ser as rutas en bici, que fixemos este ano no verán e foron un auténtico éxito, polo que decidimos incluílas nas actividades de inverno”.

O edil explicou que “ademais imos ter zumba, unha actividade que iniciamos o ano pasado e que tivo moito éxito, polo que decidimos seguir con ela. Tamén temos patinaxe artística, que é un clásico destas actividades, patinaxe lúdica, tenis de mesa e tenis. Todas estas actividades van empezar o día 1 de outubro. Durante estes días imos repartir polos colexios as fichas de inscrición para poder apuntarse á actividade que cada un vexa máis conveniente”.

Fernández Rey subliñou que “o custe da actividade vai ser, ao igual que o ano pasado, de 6 euros mensuais. Entendemos que é un prezo moi asequible para que calquera familia poida optar a practicar algunha destas actividades”.

E engadiu “quero animar a todos os veciños e veciñas, que teñan nenos nados entre 2003 e 2013, a apuntarse a estas actividades que estaremos encantados de recibilos e intentar que pasen un inverno practicando deporte, que é o que nos gusta a nosoutros, e seguro que se quedarán moi contentos de todas estas actividades. As inscricións deberán facerse na Casa da Xuventude, alí estará o técnico Iván Cao “Lucas” para recibir todas estas solicitudes. A data de inscrición empeza o 25 de setembro e remata o 28 deste mes. O teléfono de información é 982 58 11 41”.

As escolas deportivas municipais de inverno foron presentadas por Ramiro Fernández Rey e por Iván Cao “Lucas”.