
Este sábado, día 15 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo e actuará o dúo Matices.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunto, dentro dos actos para conmemorar o 50 aniversario deste colectivo.