A escritora e xornalista Elena Gallego presentará o 12 de xuño en Viveiro a súa novela "El legado de la niña de la sal".

Elena Gallego Abad, recoñecida escritora e xornalista galega cunha dilatada traxectoria en medios de prensa e radio de Galicia, presenta mañá en Viveiro a súa novela 'El legado de la niña de la sal'.

Será mañá, 12 de xuño, ás oito da tarde no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro.

Elena Gallego estará acompañada por Miguel Sande, delegado de La Voz de Galicia na Mariña.