A Espiñeira, en Foz, celebrará a súa feira de gando o 18 de xuño. Haberá carreiras de andadura e premios para os mellores exemplares.

A Espiñeira, na parroquia focega de Vilaronte, celebrará unha nova edición da súa feira de gando o 18 de xuño, domingo.

Empezará ás 10:00 horas, ás doce do mediodía haberá pasarrúas e a partir das 13:00 horas, sesión vermú con música, cantina e pulpería. Ademais haberá inchables para os máis cativos.

Celebraranse carreiras de andadura e haberá premios para os mellores exemplares de gando.