A programación especial comeza a partir das 19:00 horas coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Ledicia. A continuación, a partir das 20:00 horas chega a cita máis doce do Nadal, a Rosconada e Chocolatada que terán agachados 70 premios que son: 5 patinetes, 10 balóns de fútbol, 12 balóns de fútbol sala, 10 balóns de baloncesto, 1 tablet, 2 kits gaming, 1 silla gamer, 10 botellas de aceite, 2 bufandas, 1 Nintendo Switch, 6 mini batidoras e 10 cascos. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18:00h, o prezo será de 2 euros por ración.
Dende Acia Burela queren amosar o seu profundo agradecemento a Distribuciones Carreira pola doazón do chocolate, e facer unha especial mención á Asociación Ledicia e ás “chocolateiras” pola súa gran aportación totalmente altruísta en materiais e voluntarios. E como non, ó Concello de Burela, por todas as facilidades que nos deron, e ter unha programación de Nadal paralela, sumando entre todos polo ven da vila.
Os premios dos establecementos de proximidade seguen arredor das 22:00 horas co gran sorteo do Chupa Chup de Ouro de ACIA Burela. Este Chupa Chup de Ouro reparte 3.000 euros entre as persoas que mercaron nos comercios locais e cubriron as papeletas durante a campaña de Nadal. Para conseguir este premio non é preciso estar de xeito presencial no sorteo. Durante esta última parta da xornada tamén se repartirán os premios de Escaparates. Ademais, para amenizar o fin da xornada haberá un DJ que poñerá música para facer do 5 de xaneiro un día de festa.