Fernando Castro Paredes presenta en Foz o seu libro “O lanzador de coitelos” este xoves, 30 de outubro

Este xoves, día 30 de outubro, ás 20:30 horas vai estar na Libraría Bahía, de Foz, o escritor Fernando Castro Paredes para falar sobre a súa última novela, O lanzador de coitelos, coa que gañou o premio Galaxia 75 aniversario, “un premio puntual có que a editorial Galaxia quixo celebrar unha efemérides tan importante. Trátase dunha novela de gran talento literario, que cós recursos da novela negra indaga sobre a identidade, a arte e as paixóns dos seres humanos” explica Libraría Bahía, que engade: “Fernando Castro naceu na veciña Tapia de Casariego, é dramaturgo e actor; antes de esta novela, ademais de obras de teatro, tiña escrito un libro de relatos, titulado Entomoloxía para misioneiros”.

Este encontro é unha actividade do club de lectura A carón dos libros, aberto para todo o público.