En Foz celébranse actividades para conmemorar a Festa Normanda ata o 29 de agosto. No Cenima está instalada unha exposición viquinga e hai mercado na zona portuaria do xoves 26 ao domingo 29.
Ademais o grupo musical UPSALA Medieval animará as rúas o venres 27 e o sábado 28. Este segundo día tamén haberá dúas representacións teatrais da lenda de San Gonzalo na praza Conde de Fontao, unha infantil a cargo de nenos e nenas de Foz ás 13:00 horas, e a outra por parte de veciñas e veciños de San Martiño ás 21:30 horas. E o cuarteto Illa Pancha actuará polas rúas ás 20:30 horas.
E o domingo 29 ás 13:00 horas na praza de Conde de Fontao haberá unha obra de teatro infantil de Pakolas.