
A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra as festas de San Pantaleón e Santa María os días 27 e 28 de agosto, domingo e luns.
As actividades comezarán o domingo ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión coa banda de gaitas Non cho digo. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Solara, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fussión.
E o luns ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Ás 14:00 haberá sesión vermú coa orquestra Galilea, que tamén amenizará a verbena xunto a Conxuro Discomóvil. Para rematar a festa haberá queimada popular.
A organización tamén anuncia que “haberá mesas e sillas no campo da festa e amplos aparcamentos gratuítos”.