Este mércores, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina, no Pavillón Agustín Mouris en Noia. A primera terá lugar ás 12.30 horas na que o Pescados Rubén Burela FS, recientes campioas da Copa da S.M. a Raíña, loitarán por facerse co seu terceiro título da tempada, neste caso contra o Ence Marín Futsal. Posteriormente celebrarase o encontro da categoría masculina na que Noia F.S. Portus Apostoli se enfrontará ao C.D. Lugo Sala, ás 19.00h.
O Pescados Rubén Burela FS preparase para enfrontarse a un habitual, un Marín, según a capitád do equipo mariñano, Peque, "O Marín ten á mellor porteira do mundo, Silvia, creo que é un dos seus puntos fortes", "ten a Ceci, a cañonera, que lle pega moi ben, Ale de Paz, etc. é un equipo que hai que ter en conta e vai ser unha final difícil", "Sempre que chegas a primeira vez a unha final é unha final especial, sempre a primeira é especial, e eso pódelles dar un plus de ilusión que hai que tener en conta". Tamén engade, "Debemos seguir como sempre, traballar os 40 minutos chegando á portería, finalizando, defendendo ben. Saber que é unha final e que temos que dar o 120%".