
A parroquia de Lago, no concello de Xove celebra as festas na honra á Virxe do Carme e San Antón esta fin de semana, desde o venres 18 ata o domingo 20 de xullo. Na presentación estivo o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín, acompañando a Andrés Prieto e Modesto Rodríguez, como membros da Asociación de Festexos A Granda, que organiza estas festas.
O venres arranca a programación cunha “gran churrascada estilo Lago” a partir das oito da tarde. A continuación haberá verbena amenizada pola orquestra Ocaband e Conxuro Discomóvil.
O sábado ás 14 horas, sesión vermú con orquestra Tokio, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo D'Caché Music.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e procesión; a continuación haberá sesión vermú prolongada co dúo D'Caché Music.