Landrove, en Viveiro, celebra a VIII Festa da Paella este sábado, 2 de agosto

Este sábado, día 2 de agosto, a partir das 21:00 horas o atrio da igrexa de Landrove acollerá unha nova edición da tradicional Festa da Paella organizada pola A.C.D. Pequenos Pasos coa colaboración do Concello de Viveiro.

Haberá racións a 12 euros para persoas asociadas ao colectivo organizador e a 16 euros para o resto dos asistentes. Ademais de paella inclúe pan, sobremesa e café.

A festa será amenizada polo dúo Zafiro.