No Centro Sociocomunitario de Mondoñedo desenvolverase un curso sobre o uso de caixeiros automáticos de forma fácil e segura. Será o día 16 de maio, xoves, de 11:00 a 12:30 horas.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo explica que é unha actividade “enmarcada no Programa de Educación Financeira. Ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros de ABANCA para facer as operacións máis habituais en calquera momento”.