Mondoñedo acollerá en setembro un curso de apicultura impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Mondoñedo acollerá os días 22 e 23 de setembro un curso do programa de formación en apicultura que a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén desenvolvendo nos dous últimos anos da man da Casa do Mel.

Trátase de cursos de 10 horas con contidos téoricos e prácticos enfocados na ampliación e actualización de coñecementos das apicultoras e apicultores como a diversificación das producións, a nutrición e alimentación das abellas ou a elección das ubicacións axeitadas para a instalacións de apiarios son as cuestións nas que se centrarán os cursos.

O deputado provincial de Rural, Daniel García, explicou que se trata “dunha formación gratuíta coa que damos continuidade ao programa que puxemos en marcha o ano pasado, para apoiar con coñecemento actualizado e prácticas adaptadas ás dificultades que afronta o sector como a velutina, o traballo das apicultores e apicultoras”.

As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661.00.36.16.

O curso de Mondoñedo será no IES San Rosendo os días 22 e 23 de setembro de 9 a 14 horas. Tratará sobre a Instalación do apiario e boas prácticas en apicultura e centrarase en aspectos a ter en conta para a instalación de colmeas, como os tipos de floración, a orientación ou o acceso e a preparación do chan. Conta coa colaboración do IES San Rosendo.