A música techno será a protagonista do II Summer Tech Festival, que terá lugar en Xove o 5 de agosto.

O sábado, 5 de agosto, terá lugar en Xove a segunda edición do Summer Tech Festival.

Este evento, presentado a semana pasada polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e os organizadores do festival, Héctor Núñez e David Naya, está dedicado principalmente á música techno dentro da cal hai numerosas variantes como techno-house, house, deep…

Nesta edición o programa ten como cabeza de cartel a dous grandes artistas a nivel internacional como Uner e Dosem. Ambos son habituais en festivais europeos como os de Ibiza ou Tomorrowland. Ademais estarán en Xove algúns dos máis importantes artistas techno españois como Héctor Llamazares, Kanike e Brais Llano.

O festival comezará ás 22:30 horas e as portas do pavillón municipal de deportes abriranse ás 22:00 horas. O prezo da entrada o mesmo día do festival é 15 euros (consumición incluída), e en anticipada 10€ (tamén con consumición) máis gastos de xestión se a adquisición se realiza por Internet. As entradas poden adquirirse en www.ticketea.es, Cabaliño do Mar en Xove, Telvi´s Place en San Ciprián e Pub Luxuria en Foz.