Muxueira (Riotorto) celebra as festas do Carme os días 11 e 12 de xullo

A parroquia de Muxueira, no concello de Riotorto, celebrará as festas do Carme os días 11 e 12 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas cunha churrascada popular na que actuará o grupo D’Cano e DJ Bombardero.

E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa, seguida de sesión vermú a cargo do dúo Belinda.