As nenas e os nenos de Xove gozarán dunha festa infantil con discoteca móbil este venres, 5 de xaneiro, despois da Cabalgata de Reis

Desde o Concello de Xove explican que “a Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha festa infantil no pavillón cunha discoteca móbil. e despois,….. a esperar os Reis”.

Con respecto á celebración da Cabalgata, desde o Concello pídenlle “a toda a poboación de Xove  colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata. Neste sentido, solicítase a todos os veciños e visitantes que o día da Cabalgata non aparquen na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde  Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade), onde está o Bar  A Esquina de Memphis, coñecido antes como A Esquina.. Tamén se pide a todo o público participante  que permaneza nas aceras e non saian, baixo ningún concepto, á estrada. Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade”.

E engaden: “a estrada xeral non se vai a cortar, xa que só se vai utilizar un carril da mesma (o carril dereito en dirección Viveiro), quedando o outro para o tráfico, o cal estará regulado por persoal do Servizo Municipal de vixilancia”.

Si o tempo non acompañase o Concello ten previsto un Plan B: “pode suceder que por cuestións metereolóxicas non poida realizarse a Cabalgata polas rúas de Xove. Pois ben, se se suspendese a Cabalgata non sairían as carrozas pero iríamos todos para o Pavillón de Deportes, lugar onde os Reis estarían con todos os nenos/as, e despois disfrutaríamos da Festa Infantil coa Discoteca Móbil”.