O 11 de setembro será impartida no Cenima, en Foz, unha charla sobre “Crianza respectuosa”

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy organiza unha charla titulada Crianza respectuosa que se celebrará o mércores da vindeira semana, día 11 de setembro, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz.

A charla será impartida por Olaia Otero Cao, mestra de educación infantil, facilitadora de disciplina positiva e orientadora familiar da asociación Antonio Gandoy. O horario da actividade será de 17:00 a 18:30 horas e o prezo de 15 euros por persoa e 20 euros por familia.

As persoas interesadas poden obter máis información e facer a reserva no teléfono 679 143 620 ou en olaiacao@gmail.com

A conferencia está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 6 anos e persoas que busquen un espazo onde aprender, compartir, resolver dúbidas e orientarse na crianza.

O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.