O 15 de maio desenvolverase en Burela un taller de horta familiar ecolóxica. As prazas son limitadas. Terán preferencia @s veciñ@s da localidade.

A Delegación de Medio Ambiente organiza  un  taller de horta familiar ecolóxica que terá lugar o 15 de maio. Desenvolveras na Praza de Abastos en horario de tarde da 16:00 á  20:00 horas.

O número de prazas é limitado a 20 alumn@s, e as persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Medio Ambiente ou no teléfono 982 580 867.

A  concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, anima  a participar neste  taller no que  “terán prioridade os  veciños e veciñas de Burela”.

A  edil burelesa salienta que “o obxectivo é presentar os primeiros pasos para crear ou transformar unha pequena horta ecolóxica destinada ao autoconsumo así como a resolver as inquedanzas máis habituais”.

Este taller será coordinado polo espazo agroecolóxico A Estruga e impartido polo enxeñeiro técnico agrícola e agroecólogo Marcos Besada. Na cita abordaranse cuestións como a preparación do terreo, a fertilización e compostaxe, o deseño e planificación, o control de inimigos  e os extractos vexetais e minerais, entre outros.