O 18 de xaneiro terá lugar a X Festa dos Callos en Vilamar (Barreiros). Será nun recinto pechado con calefacción.

A Comisión de Festas de Vilamar organiza a X edición da Festa dos Callos que se celebrará este sábado, 18 de xaneiro.

Esta cita gastronómica dará comezo ás 21:30 horas. Terá lugar no campo da festa e desenvolverase nun local pechado con calefacción.

O menú estará composto por callos, elaborados por Azucena, costela asada con pementos e patacas, postre, viño, auga, refrescos, café e chupito. O prezo será 23 euros por persoa, e 10 euros para nen@s de 6 a 12 anos. A festa estará amenizada polo grupo Lecer.

Patrocinan este evento: Xunta de Galicia, Xacobeo 2021 e Concello de Barreiros.