
Será a partir das 21:30 horas no Campo de Fútbol das Valgas. Desde o Concello din: “se o clima o permite, o emprazamento non pode ser outro que o Campo de Fútbol das Valgas (en caso de choiva será no pavillón do CEIP San Miguel)”.
Na cuadraxésima segunda edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante daranse cita a Agrupación Santa Ana, de La Laguna (Tenerife); o Rancho Folclórico Lavradeiras de Vila Franca, de Viana do Castelo (Portugal); e a Agrupación Folclórica O Arca da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros).
Esta festa de interese turístico de Galicia está organizada polo Concello de Barreiros e polo Arco da Vella, que contan coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, ABanca, Xunta de Galicia, Iberia CF e Ceip San Miguel de Reinante.