O 20 de outubro terá lugar en Ourol un espectáculo para nenas, nenos e familias. Hocus Pocus é un espectáculo cheo de diversión.

A Biblioteca de Ourol organiza esta actividade para nenos/as e familias desde os 3 anos e ata os 99. Hocus Pocus é un espectáculo cheo de maxia, xogos, música e diversión. 

Será o 20 de outubro ás 18:30 horas no edificio multiusos de Ourol.

Os asistentes gozarán unha festa aloucada, divertida, dinámica e con moitas sorpresas. 

Para acudir é preciso inscribirse ata o 18 de outubro no teléfono 982 55 90 19 ou no 608694051 (whatsapp).

A entrada é de balde.