
A asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, organiza unha conferencia sobre o traxe popular galego, que terá lugar o 24 de abril ás cinco da tarde no salón de actos do Concello. Será impartida por Ana Nogareda Mato. A entrada é de balde.
A charla conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.