O 24 de febreiro haberá Festa Infantil en San Ciprián e os días 28 e 29 Festas de Entroido en Lieiro e San Román.

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil, que se celebrará este luns, 24 de febreiro, a partires das 17:30 horas, na carpa instalada na praza dos Campos de San Ciprián.

La Banda de Albert presentará o espectáculo Mickey y Minnie na gran festa de carnaval. Haberá inchables, obradoiros de pintacaras e chocolatada. A entrada será gratuíta.

Ademais a Asociación de Veciños de Lieiro organiza un baile de entroido que terá lugar o venres 28 de febreiro, a partires das 21:30 horas, no local social da asociación.

Haberá chocolatada e actuará o grupo Épo-K. A entrada será libre. O Concello de Cervo colabora con esta actividade.

Tamén a Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha festa de entroido, o sábado 29, a partires das 22:30 horas, no pavillón de San Román de Villaestrofe, que estará amenizada polo grupo Fénix.

Haberá premios na categoría Infantil Individual: 50€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; Parellas: 70€ para o primeiro, 40€ para o segundo e 25€ para o terceiro; e Grupos: 100€ para o primeiro, 60€ para o segundo e 40€ para o terceiro. Na categoría de Adultos Individual: 50€ para o primeiro, 30€ para o segundo e 20€ para o terceiro; Parellas: 70€ para o primeiro, 40€ para o segundo e 25€ para o terceiro; Grupos de máis de 12 persoas: 100€ para o primeiro, 60€ para o segundo e 40€ para o terceiro; e Grupos de menos de 12 persoas: 90€ para o primeiro, 50€ para o segundo e 30€ para o terceiro; Comparsas de máis de 10 persoas con cancións ou turutas: 120€ para o primeiro, 80€ para o segundo e 50€ para o terceiro; e Charangas con instrumentos musicais: 120€ para o primeiro, 80€ para o segundo e 50€ para o terceiro.

As inscricións poden facerse no número de teléfono 656 272 802. Colaboran na organización desta actividade: Concello de Cervo, EP Espectáculos, Asociación de Montes Veciñais San Román e Fundación Alcoa.