O 30 de novembro e 1 de decembro terán lugar en Barreiros as V Xornadas Micolóxicas. Haberá charla, saída ao monte e xantar.

A Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo de Barreiros organiza as V Xornadas Micolóxicas que se celebrarán os días 30 de novembro e 1 de decembro.

O sábado, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Aula Cemit de Barreiros (Teleclube de San Cosme), terá lugar a charla que correrá a cargo de Xesús Blanco García, presidente da Asociación Os Bolouros de Foz.

O domingo, 1 de decembro, haberá unha saída ao monte na procura de cogomelo. Os asistentes partirán, ás 10:00 horas, da Praza do Concello de Barreiros, e ás 14:30 h., terán un menú degustación no Restaurante La Barrica de Lorgi. O prezo da comida é 25 euros por persoa. A charla e o roteiro son gratuítos. As reservas poden facerse no número de teléfono 679 455 109.

A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo, apto para nenos e maiores.

Colaboran na organización desta actividade: Concello de Barreiros, Asociación Amigos das Setas Os Bolouros e La Barrica de Lorgi.