O 4 de maio seguirá o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa

Este vindeiro domingo El Tributo de la Fila actuará nas Cuatro Calles a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila. Desde a organización advirten que “en caso de mal tempo o concerto quedaría aprazado para outro día”. 

O Domingueo en Ribadeo continuará os días 25 de maio, 15 e 29 de xuño e 6 de xullo por diferentes localizacións da vila, como xa ocorreu na pasada edición. 

Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.