O 7 de outubro volven as xuntanzas do Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz.

O xoves, 7 de outubro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz reanuda as súas xuntanzas en torno a un libro que se elixe entre todos os integrantes e que se vai alternado entre obras en castelán e galego. 

As persoas interesadas en inscribirse poden informarse no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (extensión 2) posto que antes do comezo de cada novo libro se poderán incorporar novos membros. 

As reunións son os xoves, cada quince días, ás 19:00 horas e teñen unha duración aproximada de 1 hora. Fálase do libro e con esa escusa de moitos outros temas aos que nos leva a súa lectura, as personaxes, a historia ou o lugar onde se desenvolve.

Comeza cada lectura investigando sobre o autor ou autora e a obra, a cal se lee en varias partes que se tratan en cada reunión. Ao remate da lectura vese unha película, baseada no libro se é o caso, ou relacionada co mesmo.
 
A participación é totalmente de balde, levando cada integrante o seu libro en modalidade de préstamo. O Club conta ademais con 2 lectores de libros electrónicos que tamén están a disposición dos participantes.

O Club de lectura é un lugar de encontro onde a afección á lectura é compartida por todos e todas, onde se recomendan obras, onde se xera debate e diálogo e, sobre todo, se disfruta dun bo libro compartido na mellor compaña.

O Club cumple dous anos de funcionamento e é un aliciente máis na vida cultural de Alfoz.