O 8 de xuño celébrase en Foz a concentración de Clásicos 2019. Coches e motos estarán expostos na praia da Rapadoira e despois haberá un paseo ata Mondoñedo.

Este sábado, 8 de xuño, celébrase a concentración Clásicos Foz 2019, que terá lugar fronte á praia de A Rapadoira a partir das 10:00 horas.

Expoñeranse coches e motos e os participantes realizarán un paseo por Foz e tamén se desprazarán ata Mondoñedo. A xornada rematará pola noite, de volta, en Foz cuns pinchos e entrega de premios. 

Nesta edición haberá un tributo ao empresario Eduardo Barreiros.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo e CCA Foz.