O auditorio de Mondoñedo acolle unha representación de Metátese Teatro este sábado, 21 de outubro

O sábado 21 outubro ás 20:00 horas no auditorio de Mondoñedo a compañía Metátese Teatro representará a obra titulada "Ao carón das palabras". Anúnciao a asociación cultural mindoniense O Pasatempo.

É unha actividade incluída no circuíto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo, con entrada de balde.