
Isonor Quality é unha empresa pertencente ó Grupo Isonor dedicada á comercialización de servizos de prevención de riscos laborais, protección de datos, seguridade alimentaria, formación e cumprimento normativo entre outros.
Asinaron o convenio o director de desenrolo territorial, Javier Romay, a técnico da delegación de Viveiro, Carlota Guisasola, e a presidenta do CCHV, Andrea Porbén.
“Asinamos este convenio co obxectivo de acadar para os nosos asociados vantaxes económicas na contratación de servizos de obrigado cumprimento e que xeran un gasto importante ó longo do ano. Si os podemos axudar a rebaixar o custo deste tipo de servizos xa estamos a cumprir unha das metas que se marcou a actual directiva” según recalcou a presidenta do CCHV.
O director de desenrolo territorial, Javier Romay, quixo destacar “a aposta do Grupo Isonor por establecerse na Mariña, concretamente en Viveiro, e que os negocios asociados ó CCHV podan aproveitar as condicións vantaxosas que se asinan neste convenio, pero sobre todo destacar un factor que consideramos esencial, e que é o trato persoal e directo, cercanía con clínica propia en Viveiro a través da técnico Carlota Guisasola. Ela será a responsable da delegación de Isonor na Mariña. A aposta dunha empresa a nivel nacional, con 28 oficinas en España, é firme creando en Viveiro a súa 8ª oficina de Galicia. O orixe da empresa é galego polo que o apego a esta comunidade é moi forte”.
Carlota Guisasola quixo engadir que o servizo que se prestará en Viveiro basearase sobre todo na idea de “axudar”, poder dar atención personalizada e adaptada a cada negocio e a cada necesidade, e sobre todo poder facer os recoñecementos médicos en Viveiro, sen ter a necesidade de que os traballadores se teñan que desprazar para poder ter este servizo.