O Concello de Alfoz organiza desde outubro ata maio catro actividades deportivas para adultos: ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates.
A ximnasia de mantemento será os martes e os xoves de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal.
O aerobic tamén se desenvolverá no pavillón municipal os martes e xoves, pero en horario de 19:30 a 20:30.
O ioga será os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas na escola de nenos de Adelán.
E tamén na escola de nenos de Adelán terá lugar o pilates os mércores en horario de 20:30 a 21:30 horas.
As prazas son limitadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro.