O Concello de Alfoz organiza o Mes do Teatro, con representacións todos os sábados de novembro

O Concello de Alfoz organiza o Mes do Teatro, que inclúe representacións todos os sábados de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de bale.

O 4 de novembro Rebuldeira Teatro presenta "Cita previa: historias disparatadas na consulta médica", dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do cal tamén ofrecerán o sábado 11 ao Colectivo Cultural Ollomao con "Pan con chocolate". O sábado 18 o Grupo de Teatro do Hospital de Lugo (HULA) representará a comedia "Asasinato na tenda de roupa" e o sábado 25 rematará o ciclo con "Vivan os noivos", de A Adala, ambas subvencionadas polo Concello de Alfoz, a través da Área de Cultura.