
O Concello de Barreiros organiza unha excursión ao parque de camas elásticas DiverJump, de Lugo, dirixida a todas as crianzas que participaron nas escolas deportivas municipais durante o curso 2024-2025. A excursión terá lugar o martes 8 de xullo e “está pensada como unha xornada lúdica e de convivencia para que a cativada desfrute dunha experiencia diferente, con xogos, actividade física e moita diversión. A viaxe contará coa presenza de persoal municipal, que acompañará aos grupos durante todas as actividades”.
As familias que desexen inscribir ás súas crianzas deberán entregar a solicitude na oficina de deportes (ximnasio municipal) en horario de 10:00 a 15:00 horas ou enviala ao correo deportes@concellodebarreiros.gal. O prazo remata o venres 4 de xullo ás 14:00 horas.
Para máis información pode contactarse co servizo de deportes do Concello de Barreiros, no teléfono 680.913.904.