O Concello de Burela organiza cursos de bolillos e bordado. A inscrición estará aberta do 16 ao 19 de setembro

“Se che gusta aprender, compartir e manter vivas as nosas tradicións, esta é a túa oportunidade! Apúntate aos nosos cursos de bolillos e bordado, organizados polo Concello de Burela. O prazo de inscrición abrirase do 16 ao 19 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00, na Casa do Concello”, anuncia o Concello de Burela.

O curso de bolillos celebrarase os martes, en quendas de mañá e tarde.
O de bordado será os mércores (mañá e tarde) e os xoves pola mañá.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirxe ao CIM do Concello de Burela, chamar ao teléfono 982.580.609 ou escribir ao correo electrónico cim@burela.org.