O Concello de Foz conmemora o Día de Rosalía cunha mostra bibliográfica e teatro infantil, que será este xoves, 26 de febreiro

O Concello de Foz conmemora o Día de Rosalía cunha mostra bibliográfica sobre a escritora e unha representación de teatro infantil a cargo de Caxoto, que será este xoves, día 26 de febreiro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este luns conmemorase o Día de Rosalía, unha xornada para celebrar a nosa escritora máis célebre, a nosa lingua e a nosa cultura. O Concello de Foz e a biblioteca municipal Salgado Toimil celebran este día cunha mostra bibliográfica da escritora, que se pode visitar no último andar da Casa da Cultura. Así mesmo programase unha actuación de Caxoto para o vindeiro xoves ás 18.30 horas no salón de actos da propia Casa da Cultura para público a partir de 4 anos e gratuíta. O contacontos Caxoto fará un percorrido pola natureza galega, que forma parte da obra de Rosalía e doutras mulleres escritoras referentes en Galicia. Unha forma diferente e entretida de coñecer a nosa paisaxe e a nosa lingua”.