O Concello de Lourenzá celebra o Día das Letras Galegas este xoves, 14 de maio, cun espectáculo de maxia para público familiar

Para celebrar o Día das Letras Galegas o Concello de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia para público familiar. Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello.

O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia.

Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.