
O Concello de Ribadeo pon en marcha unha Aula de Teatro, que botará a andar o 15 de marzo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro tanto para comezar no mundo do teatro como para mellorar a expresión corporal e a creación de personaxes ou simplemente para gozar coa experiencia de converterse noutra persoa”.
A edil ribadense dixo que “consistirá nunha sesión mensual de 3 horas coa idea de facer unha representación final colaborativa aló polo mes de maio. Este proxecto estará conducido por Rubén Pérez Pombo e Daniel Vázquez Vila”.
Sanjurjo engadiu que “aínda que comezamos en domingo os ensaios, seguramente serán os sábados pola maña. Vémonos para comezar o día 15 de marzo ás 10:30 da maña no Teatro”.


