O Concello de Viveiro organiza unha campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros, que estará aberta ata o 23 de decembro.

O Concello de Viveiro pon en marcha ata o 23 de decembro a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís.

"A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos", afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Os xoguetes, material escolar e libros doados deberán ser novos, entregaranse no seu envoltorio orixinal e sen empaquetar.

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.