O Eido Dourado, en Barreiros, segue acollendo diversas actividades ao longo deste verán. O vindeiro 3 de agosto terá lugar unha sesión de Chikung para a saúde. Para participar non se precisa experiencia previa. Os asistentes realizarán movementos armónicos e suaves, acompañados dunha respiración axeitada e consciente para o benestar persoal. O Chikung axuda a fortalecer o corpo físico, mental e emocional.
A sesión desenvolverase de 19:00 a 20:30 horas no Eido Dourado. E será impartido por unha profesora titulada.
Ademais o Eido Dourado segue a organizar os laboratorios creativos, que imparte Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica. Desenvólvense os mércores en horario de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. A experiencia está a resultar un éxito neste segundo ano.