
Organizado polo Grupo de Neofalantes da Mariña, ás 5 da tarde deste venres, día 23 de xaneiro, celébrase en Burela un paseo literario dedicado á obra de Antía Yáñez.
“O encontro entre a escritora e un público que se familiarizará co noso idioma a través das súas obras está previsto para as cinco da tarde na área recreativa do Cantiño. Inmediatamente despois o grupo subirá ao Monte Castelo, desde onde observará os diferentes lugares recollidos na ambientación do libro titulado O misterio do torque de Burela”, anuncia o Grupo de Neofalantes da Mariña, que ademais lembra que “a escola de neofalantes da Mariña reúnese virtualmente os luns, mércores e venres; e os domingos mantén unha sesión presencial en Lourenzá”.


