O grupo musical Son´s Varadero ofrecerá un concerto dedicado a Xesús do Breogán este sábado, 9 de maio, en Foz

Para conmemorar o Día das Letras Galegas o grupo musical focego Son´s Varadero ofrecerá un concerto este sábado, día 9 de maio, ás 20:00 horas na casa da Cultura de Foz.

Son´s Varadero fará unha actuación cun repertorio de cancións galegas e anuncia que este concerto estará dedicado ao focego Xesús do Breogán “pola súa contribución e dedicación á cultura do noso concello”.

Este evento está organizado por Son´s Varadero coa colaboración do Concello de Foz.