O grupo teatral O Centiño presenta a obra “O Autobús” este domingo, 29 de novembro, en San Román de Vilaestrofe (Cervo)

O Concello de Cervo anuncia que “o teatro tamén terá o seu espazo esta fin de semana co Grupo de Teatro O Centiño, que presenta a obra O Autobús, dirixida por Pepe Peinó, dentro do circuíto de teatro profesional e afeccionado”. Será no pavillón de San Román de Vilaestrofe este domingo, 29 de novembro, ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada por As Espalladoras de Rúa e pola Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe.