
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha tarde dedicada á película Crebinsky o 28 de agosto, xoves, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
A actividade comezarán coa presentación por parte da ilustradora e escritora Ana Moreiras da publicación A pausa. Ás 19:00 horas haberá un coloquio sobre a película Crebinsky, co director Quique Otero e o actor Miguel de Lira; a continuación proxectarase o filme. E ás 21:30 horas o acordeonista Vadím Yukhnevich ofrecerá un concerto.