Xuvenil

Etiquetas:
05/06/2020

A Concellería de Cultura anunciou que esta semana se reanudou o prazo para participar no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. A data para a presentación de traballos é ata o vindeiro 20 de xuño. A edil Pilar Otero anima a participar nesta cita na que se establece un premio de 300 euros en cada categoría: relato curto, poesía e debuxo.

Pilar Otero declarou que “esta semana se reanudou o prazo para a participación no IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar todas as persoas que naceron ou viven en calquera dos Concellos da Mariña e que, con data 20 de abril de 2020, tiñan entre 16 e 30 anos”.

A concelleira de Cultura lembrou que “se establecen tres modalidades de participación: relato curto, poesía e debuxo, cun so traballo por persoa...

leer más
Etiquetas:
01/04/2020

O Concello de Viveiro pon en marcha desde mañá e ata o domingo a iniciativa ‘Tod@s Contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Mañá, 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e con motivo desta efeméride o Concello de Viveiro impulsa a iniciativa, mediante a que quere convidar a todas as persoas de 0 a 100 anos para que envíen fotografías ou pequenos vídeos, por exemplo unha foto da portada do libro favorito, un vídeo lendo, etcétera.

O material recibido será publicado na Programación Cultural do Concello de Viveiro e o obxectivo é encher esta rede cunha gran cantidade de fotos e vídeos sobre libros infantís e xuvenís.

A iniciativa servirá para coñecer os gustos da veciñanza e, ao mesmo tempo, que as súas preferencias sirvan de...

leer más
27/11/2014

 

O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais. 

 

...

leer más
31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más