O Vicedo celebra as festas de Santo Estevo e Santa Lucía do 1 ao 3 de agosto

Os días 1, 2 e 3 de agosto celebraranse as festas patronais do Vicedo, na honra a Santo Estevo e Santa Lucía. Terán lugar no centro da vila o venres e o sábado, pero o domingo serán na praia de Xilloi.

As actividades comezarán o venres a partir das 22:45 horas, con verbena amenizada polo grupo La Mecánica e a orquestra Metrópolis.

O sábado ás 10:30 horas haberá pasacalles a cargo dun grupo de gaitas; ás 12 horas, eucaristía solemne na honra a Santo Estevo e Santa Lucía e de seguido procesión. Ás 14:00 horas, sesión vermú a cargo do grupo Jaque, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:45 horas, xunto ao grupo M3 Show.

E o domingo ás 12 horas celebrarase misa de campaña na praia de Xilloi na honra a Santo Estevo, seguida de procesión. Ás 13:30 horas haberá sesión vermú dobre amenizada polo duo D'vicio e Mekánica Rolling Band. A partir das 21:30 horas, verbena amenizada polo dúo D'vicio e a orquestra Furia Joven.