
O Vicedo celebrará a vixésima edición do seu desfile de Samaín, que sairá desde a Casa de Cultura, este venres, día 31 de outubro.
“Celebramos a 20ª edición co tradicional desfile de Samaín polas rúas do Vicedo. Ide preparando a saba e as pinturas para desfilar e asustar a todos os veciños. Despois chocolate con churros cortesía da APA. É unha edición especial e gustaríanos que tanto nenos como adultos (que varios algún día desfilaron) vos animásedes a vestirvos e desfilar por unha celebración humilde pero que foi capaz de conseguir celebrarse en 20 ocasións. Será a partir das 19:30 horas, pero desde unha hora antes podedes pasar a maquillarvos e pasar unha tarde noite de medo!”, anuncia o Concello de O Vicedo.


