O XV Encontro Internacional de Corais Vila de Foz celébrase o 15 de xuño na basílica de San Martiño

A décimo quinta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o primeiro memorial Carmen Alonso, celebrarase o sábado 15 de xuño ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.

Ademais da Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento musical, actuarán a Coral Polifónica Bembibrense, de Bembibre (Léon) e o Orfeao de Vila Praia de Ancora (Portugal).

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Foz.