O XVI Encontro Internacional de Corais Vila de Foz celébrase este sábado, 7 de xuño, na basílica de San Martiño

A décimo sexta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o segundo memorial Carmen Alonso, celebrarase este sábado, día 7 de xuño, ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.

Participarán as agrupacións Cor San Dameto, de Palma de Mallorca; Coro Amigos da Música, de Espinho (Portugal); e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.